miércoles, 31 de diciembre de 2014
viernes, 12 de diciembre de 2014
viernes, 21 de noviembre de 2014
Entrevistamos a Marisa Crespo Rosales
Quen é a artista Marisa Crespo Rosales?
Marisa C. Rosales, natural de Marín e residente en Moaña, empezou no ano 2008 en clases de debuxo e no 2009 cos pinceis da man de Xavier Ríos.
A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?
A miña obra, ó ser de estilo realista, vai dirixida a todo tipo de público.
Pretendo que as miñas creacións teñan vida, te inviten a pararte e a emocionarte.
Por que expor a túa obra nestes intres? e, que te levou no seu día a lanzarte ao
mundo artístico?Para mostrar paisaxes e elementos da miña terra: hórreos, muíños, natureza...e que a xente poida disfrutar véndoa tanto como eu creándoa.
Unha amiga invitoume a ir con ela a unhas clases de debuxo, dende entón, intento progresar tanto nesta modalidade como en pintura. Gustoume tanto que sinto que xa non quero deixalas.
Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa pintura?
A xente gústalle porque é variada. Consta de unha serie de debuxos en lapis (na súa maioría hórreos), pinturas en acrílico (principalmente figuras femininas, flores, etc) e tamén óleos de paisaxes, mariñas... A última e unha colección de óleos sobre lenzo titulada “A planta do pé”, é variada, sinxela, de cores vivas, o resultado e unha obra xoven e orixinal.
Supoño que coñeces a tendencia denominada speed painting, que consiste no “Bosquexo”
ou “Exercicio” realizado no proceso previo de creación dunha imaxe utilizando medios dixitais ou medios tradicionais como o Debuxo e a Pintura.
Tendo en conta cara onde camiña a forma de crear e pintar.
Como concibes esta nova forma de pintar. Integralas nos teus cadros?
Si, por suposto. Antes de lanzarme á obra definitiva sempre fago unha serie de bocexos
previos ata que dou co resultado desexado.
Identificaste con algún estilo artístico en concreto?
Non me identifico con ningún en particular, é o meu estilo, ao meu xeito.
Que quere transmitir Marisa C. Rosales cos seus cadros?
Pretendo transmitir sensación de benestar: as emocións das plantas, a paz que dan os
paisaxes e a alegría das flores.
Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?
Dar a coñecer a miña obra e que sigades dando oportunidades e apoiando o arte.viernes, 10 de octubre de 2014
jueves, 25 de septiembre de 2014
viernes, 12 de septiembre de 2014
O realmente importante é que poida sentila pero sobre todo escoitala
Quen é o artista Henrique Prado?
Unha pinga de auga no mar.
A quen está
dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?
A miña obra está dirixida a calquera persoa de calquera idade, estudos ,
condición social ou económica; o realmente importante é que poida sentila pero
sobre todo escoitala.
TRANSTUM
Medidas: 130cm x 60cm x 35cm
Materias: tronco de carballo e P.R.F.V
Medidas: 130cm x 60cm x 35cm
Materias: tronco de carballo e P.R.F.V
Obra das series raices: Esta obra e unha obra mixta feita en raíz de carballo, fibra de vidro resina e pastas pigmentadas, representa a nosa clase politica a cal nos quere enganar mostandonos unha falsa imaxe de fortaleza, honradez e transparencia. Cando a realidade todos sabemos cal é.
É unha inquedanza que tiven dende cativo, pero por diversos motivos a raíz dunha mala experiencia botei moitos anos con pouca actividade creativa. Fai uns 5 anos, grazas ao apoio da familia e amigos, decidín espertar.
O XORNALISTA
Serie: LIBRE. Pizarra de Cervantes e arenisca.
Representa aos rapaces repartidores de xornais
Serie: LIBRE. Pizarra de Cervantes e arenisca.
Representa aos rapaces repartidores de xornais
os cales estaban sometidos a un gran esforzo fisico e o maltrato do tempo.
Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa obra?
Quero pensar que as persoas que realmente lles guste a miña obra están en clara sintonía coa miña forma de pensar, facer ou sentir, e senón sempre queda a visión estética da obra.
Que relación existe entre a pintura e a escultura?
No meu caso non existe xa que teño moi poucas obras en pintura, simplemente non me atrae como transmisión das miñas inquedanzas, por suposto admiro a quen si é capaz de transmitir a través dela.
NAUFRAGO
Serie: O MAR. Abstracto en madeira de sapelly.
Representa a un naufrago o cal está preso polas ondas as cales a penas lle prermiten sacar a cabeza a flote,
Serie: O MAR. Abstracto en madeira de sapelly.
Representa a un naufrago o cal está preso polas ondas as cales a penas lle prermiten sacar a cabeza a flote,
esta obra ten a peculiaridade de que o xirala 90 grados ves as ondas do mar embravecidas.
En escultura buscas o material concreto para a obra que tes pensada, ou esta é independente do material empregado?
Por suposto que os materiais que elixo para darlle vida ás miñas obras os selecciono, xa que normalmente forman parte da mensaxe a transmitir o igual que as texturas, formas ou cores.
AQUELARRE NA PRAIA DAS AREAS GORDAS
Serie: MITOS E LENDAS. P.R.F.V. madeira e led.
Representa a unha das lendas que mais sona teñen no Morrazo, esta era a xuntanza que tñan as meigas na praia de Rodeira (Coiro) para convocar os espiritus do mal

o cal representa Belcebú en forma de macho cabrío.
Identifícaste
con algún estilo artístico en concreto?
Nunha conversa que tiven non fai moito con unha critica de arte que
ademais impartía clases na universidade dicíame
que podería estar dentro dun surrealismo figurativo , pero que como a maioría
dos autodidactas: “ soen crear un estilo propio”.
“A escultura como medio para incidir na realidade”. E isto certo no teu caso?
Calquera tipo de expresión plástica vale para transmitir, persoalmente coido que transmisión e difusión van collidas da man, xa que a hora de verter unha critica se non é difundida non chega a mensaxe por tanto a obra non cumpre o fin para o cal foi creada.
TREBOADA
Serie: O MAR P.R.F.V. e laxa N.D.
Representa a unha parella da cal sae o mellor ante unha adversidade non solo pertenece unida
Serie: O MAR P.R.F.V. e laxa N.D.
Representa a unha parella da cal sae o mellor ante unha adversidade non solo pertenece unida
se non reforza os sus vinculos afectivos.
Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?
Estou a disposición de calquera que teña un proxecto e considere que poida colaborar nel.
Post Hominium Memoriam (Dende que o mundo e mundo)
Medidas: 590cm x 120cm x 100cm
Materiais: refugallos de ferro e P.R.F.V.
Esta obra e unha homenaxe a xente que desgrazadamente sufriu violencia de xenero e representa o equlibrio da convivenza entre o home e a muller a pesar das diferenzas de ver e de sentir as cousas. en esta obra representanse tamén o estado de animo a través das cores dos persoaxes. Esta obra foi premiada na V bienal o val dos sonos (Madrid)

O autor na rede:
https://www.facebook.com/henrique.prado.710
viernes, 5 de septiembre de 2014
Astrid Köhler: Obras Maestras recreadas en Playmobil
Entrada del año pasado pero que nos gusta recuperar.
Entrar en el siguiente enlace y disfrutar de cuadros por todos conocidos llevados al mundo de los playmobil.
jueves, 4 de septiembre de 2014
viernes, 29 de agosto de 2014
OFICIO DE PINTOR, OFICIO DE VIVIR.
Este documental presenta lo sorprendente del proceso de inspiración, gestación y culminación de dos cuadros por dos pintores con dos estilos diferentes pero unidos por la soledad del trabajo y la lealtad a la obra.
Un repaso a la vida y a la obra de los pintores JOSÉ HERNÁNDEZ y ROBERT HARVEY, dos artistas que desempeñan su actividad en dos pequeños pueblos de la provincia de Málaga (Villanueva del Rosario y Macharaviaya). Visión particular de su obra relatada en primera persona por los propios protagonistas.

viernes, 22 de agosto de 2014
Edward Hopper en el cine
Trece pinturas de Edward Hopper cobran vida para contarnos la historia de una mujer que vive una realidad que no acepta.
Shirley es una mujer atractiva, carismática, comprometida y emancipada a la que le hubiese gustado cambiar el curso de la historia a través de su involucración profesional y sociopolítica. Una mujer que no acepta la realidad de la época que le ha tocado vivir - la América de los años 30 a los años 60 - y que se aferrará firmemente a sus convicciones.

viernes, 15 de agosto de 2014
viernes, 8 de agosto de 2014
Aniversario do museo Quiñones de León - PARABÉNS -
O MUSEO QUIÑONES DE LEÓN CUMPRE O SEU 77 ANIVERSARIO
O MUSEO MUNICIPAL CUMPRE HOXE SETENTA E SETE ANOS DE APERTURA ININTERRUMPIDA
O MUSEO MUNICIPAL CUMPRE HOXE SETENTA E SETE ANOS DE APERTURA ININTERRUMPIDA
No ano 1937, un día como hoxe (22 xullo), en plena guerra civil española, o Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" abría as súas portas.
Loxicamente daquela a situación era ben difícil e o museo apenas tiña obras que presentar ao seu público. Parcialmente o Legado de D. Poli...carpo Sanz. O exiguo, mais xeneroso, depósito do Museo Nacional do Prado. Algún cadro de autor galego, maiormente vigués; e tamén algún que outro recordo do pasado remoto da cidade.
Transcorridos setenta e sete anos, o Museo de Vigo segue aquí, aberto, mellorado, con coleccións amplísimas e variadas, das mellores da comunidade galega.
Cómo foi posible ese milagre?
Son tempos, como daquela, igoalmente de crise, difíciles... Pero igoalmente, como daquela, cheos de esperanza e de entusiasmo. Mirando xa para o centenario, e para o museo moderno e necesario que a sociedade viguesa demanda.
Desde aquí agradecemosvos a todas e todos, vigueses e foráneos, que o sigades facendo posible.
Agardámosvos!
viernes, 1 de agosto de 2014
viernes, 27 de junio de 2014
viernes, 20 de junio de 2014
Manuel Teira é unha persoa Teirizada por outros moitos Teiras que habitan no seu universo.
Quen é o artista Manuel Teira Luaces?.
Manuel Teira como tal non existe, en tal caso é unha suma de varios
individuos, ou mellor diría eu, de seres que con diferentes aspectos e
distintas formas de pensar viven no mesmo edificio sen deixar nunca de ser
nenos, e abocados ao mundo da imaxinación, a adiviñar aquilo que aínda está por
chegar. En tal caso, Manuel Teira é unha persoa Teirizada por outros moitos
Teiras que habitan no seu universo.
A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que
queres transmitir?.
Penso que ao principio a obra xurde, non sabes aínda moi ben que facer
con ela, logo, a obra necesita comprenderse, necesitas aprender a mirar e a
sobrevivir con ela, a ver, e entón a obra comeza a ocupar ese lugar e comezas a
entender o seu dircurso, e sentes esa necesidade de asociala a algo
determinado, aínda enténdendo por veces coexiste nela unha certa
inutilidade da arte, e non me refiro a unha inutilidade estética, senón, a unha
inutilidade obxectiva. A miña obra, coido que convida a abrir ben os ollos, hai
en toda ela unha certa linguaxe subxectiva que nos convida ao viaxe e á
reflexión, é unha obra cargada dun profundo simbolismo erótico, o erotismo para
min na arte é coma o aire, aí radica o centro e o pálpito da vida. É verdade,
que en moitas das miñas pezas queda ben definida a miña preocupación polo meu
país e pola miña cultura, creo que esa preocupación latexa constamente na
respiración da miña obra.
Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a
túa obra?.
Penso que máis ca gustar, ás persoas interésalles a miña obra, é posible
que a miña obra comunique ben, hai nela unha forte pulsación e unha
conxugación do traballo creativo co sentido do oficio ben elaborado, iso
resulta curioso e no fondo é moi atrainte , e noutro contexto, coido que ese
sentido estético da provocación e da reflexión son un bo mecanismo de atracción
para quen a contempla e coido que non pasa indiferente para ninguén.
Que relación existe entre a túa pintura e a túa
escultura.
Toda a arte está cinguida polo mesmo tronco,no fondo todo cambia bastante
menos do que parece, na vida das esculturas e no seu proceso subxace no fondo o
debuxo e tamén a pintura, eu podería definirme coma un artista que cando debuxa
ou pinta o qu estou é facendo escultura cos meus debuxos, ou coa miña
pintura, polo tanto, nunca deixei de facer escultura cando pinto, e nunca
deixei de facer pintura cando tallo, ademais, na miña escultura, en moitas das
miñas obras está incorporada a policromía , pensó que esa relación xa ao
di todo, tan só cambia a técnica, que para un artista non debe ser ningunha
barreira á hora de enfrontarse ao proceso creativo…
ORIXE. (ORIXE).
Mármore de Macael.
Medidas, 29X12X10
Ilustración Ballesteros
En escultura buscas o
material concreto para a obra que tes pensada, o esta é independiente do
material empregado.
No proceso de elaboración da escultura danse moitas circunstancias, e
tamén é verdade que cada escultor segue o seu camiño, e na escolla do material
pasa o mesmo, eu traballo normalmente con granito, con bronce e con arame, e no
fondo, as miñas obras créanse normalmente en función da escolla do material, o
material sempre condiciona unha obra, a obra sempre é cambiante en función do
material que se vaia a empregar, penso que o éxito final da obra vai en función
do material que se use para a súa elaboración, e senón é completamente
determinante, si que ten moitísima importancia.
Que te gustaría aportar á comunidade da arca da
arte.
É verdade que neste mundo globalizado, cunha arte que cada vez se
asemella máis, é na que nos custa marcar diferencias, resulta complexo aportar
algo novidoso, pero en todo isto, hai algo que nos diferencia de todo o demais,
que ben sendo a mirada do artista, por iso, a arte sempre perdurará por enriba
da todo, sempre estárá aí abrollando no lugar máis insospeitado, e para iso
está a nosa mirada, cada mirada é unha maneira distinta de crear, os universos
creativos van parellos aos ollos, e penso, que á comunidade da Arca da arte,
recomendaríalle abrir os ollos e mirar, participar nesa exploración e ollar con
sensibilidade, non importa o motivo, importa como se interpreta, se miramos e
vemos, estamos salvados.
Manuel Teira na súa casa
jueves, 12 de junio de 2014
lunes, 2 de junio de 2014
Exposición - Subasta Solidaria Ateneo Ferrolán
Exposición – Subasta Solidaria:
“Somos Cultura, Somos Imaxe, Somos Artes Plásticas”
Este mes de xuño, a quenda é para a pintura, a fotografía e as artes plásticas, que encherán de obras, a sala de exposicións baixo o nome O Ateneo somos cultura. Somos imaxe. Somos artes plásticas.
Permanecerá aberta á participación en todo momento. Dende a súa inauguración o día 2 de xuño ata a súa clausura o 27 do mesmo mes, os autores que o desexen poderán doar as súas obras e sumarse á iniciativa.
Outro motivo que fai diferente a exposición é a posibilidade de puxar polas distintas obras. Un exemplo: paséaste pola sala e namóraste perdidamente dunha peza de Suso Basterrechea, ou dun Patinha, ou da lámina de Siro. Miras o seu prezo de saída, parécete ben -e máis aínda ao destinarse o recadado a salvar o Ateneo-, anotas os teus datos e vas facendo un oco na parede ata o último día da exposición.
Chegas o venres 27 de xuño, preparado para levarche o teu cadro baixo o brazo e oh, sorpresa!, catro persoas máis namoráronse del e aumentou o seu prezo. Así que, ou te resignas, ou te resgas un pouco máis o peto.
Ata o momento, a exposición conta con obras de Manuel Patinha, Alfonso Costa, Tino Poza, Suso Basterrechea, Luis Rapela, Spela Trobec, Jesús Balado, María Manuela, Miguel Anxo Varela, Carmen Martín, Eduardo Pereira, Anxo Alvarez, Xaquín Marín, Siro López, Manolo Rei, Fátima Fernández, Carlos Pereira, Isabel Pintado, Tonia Vázquez, Delio Sánchez, Mª José Leira, Alejos ....
Pero calquera artista pode sumar a súa obra ás anteriores, sexa unha figura consolidada ou un afeccionado; así haberá prezos alcanzables e poderase chegar a máis público, á vez que se promove os novos autores.

Xaquín Marín
Jesús Balado
Mª José Leira
jueves, 8 de mayo de 2014
jueves, 24 de abril de 2014
III Semana de la Educación Artística (UNESCO, 2014)
Compartimos o enlace al blog Expo enREDada +@rtísticas, además de este vídeo sobre el proceso de creación del cartel.
Enlace:
http://masarte.simdif.com/index.html
jueves, 17 de abril de 2014
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)