Quen é a artista Marisa Crespo Rosales?
Marisa C. Rosales, natural de Marín e residente en Moaña, empezou no ano 2008 en clases de debuxo e no 2009 cos pinceis da man de Xavier Ríos.
A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?
A miña obra, ó ser de estilo realista, vai dirixida a todo tipo de público.
Pretendo que as miñas creacións teñan vida, te inviten a pararte e a emocionarte.
Por que expor a túa obra nestes intres? e, que te levou no seu día a lanzarte ao
mundo artístico?Para mostrar paisaxes e elementos da miña terra: hórreos, muíños, natureza...e que a xente poida disfrutar véndoa tanto como eu creándoa.
Unha amiga invitoume a ir con ela a unhas clases de debuxo, dende entón, intento progresar tanto nesta modalidade como en pintura. Gustoume tanto que sinto que xa non quero deixalas.
Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa pintura?
A xente gústalle porque é variada. Consta de unha serie de debuxos en lapis (na súa maioría hórreos), pinturas en acrílico (principalmente figuras femininas, flores, etc) e tamén óleos de paisaxes, mariñas... A última e unha colección de óleos sobre lenzo titulada “A planta do pé”, é variada, sinxela, de cores vivas, o resultado e unha obra xoven e orixinal.
Supoño que coñeces a tendencia denominada speed painting, que consiste no “Bosquexo”
ou “Exercicio” realizado no proceso previo de creación dunha imaxe utilizando medios dixitais ou medios tradicionais como o Debuxo e a Pintura.
Tendo en conta cara onde camiña a forma de crear e pintar.
Como concibes esta nova forma de pintar. Integralas nos teus cadros?
Si, por suposto. Antes de lanzarme á obra definitiva sempre fago unha serie de bocexos
previos ata que dou co resultado desexado.
Identificaste con algún estilo artístico en concreto?
Non me identifico con ningún en particular, é o meu estilo, ao meu xeito.
Que quere transmitir Marisa C. Rosales cos seus cadros?
Pretendo transmitir sensación de benestar: as emocións das plantas, a paz que dan os
paisaxes e a alegría das flores.
Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?
Dar a coñecer a miña obra e que sigades dando oportunidades e apoiando o arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario