viernes, 8 de agosto de 2014

Aniversario do museo Quiñones de León - PARABÉNS -

O MUSEO QUIÑONES DE LEÓN CUMPRE O SEU 77 ANIVERSARIO
O MUSEO MUNICIPAL CUMPRE HOXE SETENTA E SETE ANOS DE APERTURA ININTERRUMPIDA





 No ano 1937, un día como hoxe (22 xullo), en plena guerra civil española, o Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" abría as súas portas.

Loxicamente daquela a situación era ben difícil e o museo apenas tiña obras que presentar ao seu público. Parcialmente o Legado de D. Poli...carpo Sanz. O exiguo, mais xeneroso, depósito do Museo Nacional do Prado. Algún cadro de autor galego, maiormente vigués; e tamén algún que outro recordo do pasado remoto da cidade.

Transcorridos setenta e sete anos, o Museo de Vigo segue aquí, aberto, mellorado, con coleccións amplísimas e variadas, das mellores da comunidade galega.
Cómo foi posible ese milagre?

Son tempos, como daquela, igoalmente de crise, difíciles... Pero igoalmente, como daquela, cheos de esperanza e de entusiasmo. Mirando xa para o centenario, e para o museo moderno e necesario que a sociedade viguesa demanda.

Desde aquí agradecemosvos a todas e todos, vigueses e foráneos, que o sigades facendo posible.

Agardámosvos!

No hay comentarios: