Quen é o artista Henrique Prado?
Unha pinga de auga no mar.
A quen está
dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?
A miña obra está dirixida a calquera persoa de calquera idade, estudos ,
condición social ou económica; o realmente importante é que poida sentila pero
sobre todo escoitala.
TRANSTUM
Medidas: 130cm x 60cm x 35cm
Materias: tronco de carballo e P.R.F.V
Medidas: 130cm x 60cm x 35cm
Materias: tronco de carballo e P.R.F.V
Obra das series raices: Esta obra e unha obra mixta feita en raíz de carballo, fibra de vidro resina e pastas pigmentadas, representa a nosa clase politica a cal nos quere enganar mostandonos unha falsa imaxe de fortaleza, honradez e transparencia. Cando a realidade todos sabemos cal é.
É unha inquedanza que tiven dende cativo, pero por diversos motivos a raíz dunha mala experiencia botei moitos anos con pouca actividade creativa. Fai uns 5 anos, grazas ao apoio da familia e amigos, decidín espertar.
O XORNALISTA
Serie: LIBRE. Pizarra de Cervantes e arenisca.
Representa aos rapaces repartidores de xornais
Serie: LIBRE. Pizarra de Cervantes e arenisca.
Representa aos rapaces repartidores de xornais
os cales estaban sometidos a un gran esforzo fisico e o maltrato do tempo.
Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa obra?
Quero pensar que as persoas que realmente lles guste a miña obra están en clara sintonía coa miña forma de pensar, facer ou sentir, e senón sempre queda a visión estética da obra.
Que relación existe entre a pintura e a escultura?
No meu caso non existe xa que teño moi poucas obras en pintura, simplemente non me atrae como transmisión das miñas inquedanzas, por suposto admiro a quen si é capaz de transmitir a través dela.
NAUFRAGO
Serie: O MAR. Abstracto en madeira de sapelly.
Representa a un naufrago o cal está preso polas ondas as cales a penas lle prermiten sacar a cabeza a flote,
Serie: O MAR. Abstracto en madeira de sapelly.
Representa a un naufrago o cal está preso polas ondas as cales a penas lle prermiten sacar a cabeza a flote,
esta obra ten a peculiaridade de que o xirala 90 grados ves as ondas do mar embravecidas.
En escultura buscas o material concreto para a obra que tes pensada, ou esta é independente do material empregado?
Por suposto que os materiais que elixo para darlle vida ás miñas obras os selecciono, xa que normalmente forman parte da mensaxe a transmitir o igual que as texturas, formas ou cores.
AQUELARRE NA PRAIA DAS AREAS GORDAS
Serie: MITOS E LENDAS. P.R.F.V. madeira e led.
Representa a unha das lendas que mais sona teñen no Morrazo, esta era a xuntanza que tñan as meigas na praia de Rodeira (Coiro) para convocar os espiritus do mal

o cal representa Belcebú en forma de macho cabrío.
Identifícaste
con algún estilo artístico en concreto?
Nunha conversa que tiven non fai moito con unha critica de arte que
ademais impartía clases na universidade dicíame
que podería estar dentro dun surrealismo figurativo , pero que como a maioría
dos autodidactas: “ soen crear un estilo propio”.
“A escultura como medio para incidir na realidade”. E isto certo no teu caso?
Calquera tipo de expresión plástica vale para transmitir, persoalmente coido que transmisión e difusión van collidas da man, xa que a hora de verter unha critica se non é difundida non chega a mensaxe por tanto a obra non cumpre o fin para o cal foi creada.
TREBOADA
Serie: O MAR P.R.F.V. e laxa N.D.
Representa a unha parella da cal sae o mellor ante unha adversidade non solo pertenece unida
Serie: O MAR P.R.F.V. e laxa N.D.
Representa a unha parella da cal sae o mellor ante unha adversidade non solo pertenece unida
se non reforza os sus vinculos afectivos.
Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?
Estou a disposición de calquera que teña un proxecto e considere que poida colaborar nel.
Post Hominium Memoriam (Dende que o mundo e mundo)
Medidas: 590cm x 120cm x 100cm
Materiais: refugallos de ferro e P.R.F.V.
Esta obra e unha homenaxe a xente que desgrazadamente sufriu violencia de xenero e representa o equlibrio da convivenza entre o home e a muller a pesar das diferenzas de ver e de sentir as cousas. en esta obra representanse tamén o estado de animo a través das cores dos persoaxes. Esta obra foi premiada na V bienal o val dos sonos (Madrid)

O autor na rede:
https://www.facebook.com/henrique.prado.710
No hay comentarios:
Publicar un comentario