viernes, 20 de junio de 2014

Manuel Teira é unha persoa Teirizada por outros moitos Teiras que habitan no seu universo.




 
 
Quen é o artista Manuel Teira Luaces?.

         Manuel Teira como tal non existe, en tal caso é unha suma de varios individuos, ou mellor diría eu, de seres que  con diferentes aspectos e distintas formas de pensar viven no mesmo edificio sen deixar nunca de ser nenos, e abocados ao mundo da imaxinación, a adiviñar aquilo que aínda está por chegar. En tal caso, Manuel Teira é unha persoa Teirizada por outros moitos Teiras que habitan no seu universo.

A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?.

          Penso que ao principio a obra xurde, non sabes aínda moi ben que facer con ela, logo, a obra necesita comprenderse, necesitas aprender a mirar e a sobrevivir con ela, a ver, e entón a obra comeza a ocupar ese lugar e comezas a entender o seu dircurso, e sentes esa necesidade de asociala a algo determinado, aínda enténdendo por  veces coexiste nela unha certa inutilidade da arte, e non me refiro a unha inutilidade estética, senón, a unha inutilidade obxectiva. A miña obra, coido que convida a abrir ben os ollos, hai en toda ela unha certa linguaxe subxectiva que nos convida ao viaxe e á reflexión, é unha obra cargada dun profundo simbolismo erótico, o erotismo para min na arte é coma o aire, aí radica o centro e o pálpito da vida. É verdade, que en moitas das miñas pezas queda ben definida a miña preocupación polo meu país e pola miña cultura, creo que esa preocupación latexa constamente na respiración da miña obra.
  
 
 

Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa obra?.

          Penso que máis ca gustar, ás persoas interésalles a miña obra, é posible que a miña obra comunique ben, hai nela unha forte pulsación  e unha conxugación do traballo creativo co sentido do oficio ben elaborado, iso resulta curioso e no fondo é moi atrainte , e noutro contexto, coido que ese sentido estético da provocación e da reflexión son un bo mecanismo de atracción para quen a contempla e coido que non pasa indiferente para ninguén.
 
 

Que relación existe entre a túa pintura e a túa escultura.

           Toda a arte está cinguida polo mesmo tronco,no fondo todo cambia bastante menos do que parece, na vida das esculturas e no seu proceso subxace no fondo o debuxo e tamén a pintura, eu podería definirme coma un artista que cando debuxa ou pinta  o qu estou é facendo escultura cos meus debuxos, ou coa miña pintura, polo tanto, nunca deixei de facer escultura cando pinto, e nunca deixei de facer pintura cando tallo, ademais, na miña escultura, en moitas das miñas obras está incorporada  a policromía , pensó que esa relación xa ao di todo, tan só cambia a técnica, que para un artista non debe ser ningunha barreira á hora de enfrontarse ao proceso creativo…


 
ORIXE. (ORIXE).
Mármore de Macael.
Medidas, 29X12X10



 
Ilustración Ballesteros 
 
En escultura buscas o material concreto para a obra que tes pensada, o esta é independiente do material empregado.

            No proceso de elaboración da escultura danse moitas circunstancias, e tamén é verdade que cada escultor segue o seu camiño, e na escolla do material pasa o mesmo, eu traballo normalmente con granito, con bronce e con arame, e no fondo, as miñas obras créanse normalmente en función da escolla do material, o material sempre condiciona unha obra, a obra sempre é cambiante en función do material que se vaia a empregar, penso que o éxito final da obra vai en función do material que se use para a súa elaboración, e senón é completamente determinante, si que ten moitísima importancia.
 
 
MUSA DE NOVA YORK. ( MUSA DE NEW YORK  )
Granito país.
Medias. 66X33X26.
 

Que te gustaría aportar á comunidade da arca  da arte.

            É verdade que neste mundo globalizado, cunha arte que cada vez se asemella máis, é na que nos custa marcar diferencias, resulta complexo aportar algo novidoso, pero en todo isto, hai algo que nos diferencia de todo o demais, que ben sendo a mirada do artista, por iso, a arte sempre perdurará por enriba da todo, sempre estárá aí abrollando no lugar máis insospeitado, e para iso está a nosa mirada, cada mirada é unha maneira distinta de crear, os universos creativos van parellos aos ollos, e penso, que á comunidade da Arca da arte, recomendaríalle abrir os ollos e mirar, participar nesa exploración e ollar con sensibilidade, non importa o motivo, importa como se interpreta, se miramos e vemos, estamos salvados.

 
 
PAISAXE XAPONÉS. ( PAISAJE JAPONÉS ).
Soporte de madera lacada,
con instalación en alambre policromada.
Medidas, 120X90 X35



 
Manuel Teira na súa casa

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Encantame a tua obra primo.👍