Quen é a artista Chus Láuzara?
Chus Láuzara é unha muller sinxela, amante dos
seus, do arte en todas as súas facetas,
da natureza … nunha soa frase: amante da vida.
Un
dos xeitos que Chus Láuzara, ten de
amosarse, é plasmando cos seu pinceis, todo aquilo que leva no seu ser
máis mergullado.
A quen está
dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?
Nun
principio a miña obra non está dirixida a ninguén en especial, posto que cando
escomenzo algún traballo, non o fago pensando senón en min mesma, en deixarme
levar polo meu estado de ánimo,
xeralmente non levo un guión preescrito; diante dun lenzo, deixo voar as
miñas mans, que sexan elas xunto coas cores da miña paleta, as que decidan coma
vai ser a miña conversa, o meu poema… a
mensaxe que eu transmita en cada unha das miñas obras, sempre vai ser
a mesma que eu estea a sentir neses intres, respecto da sociedade, da natureza,
da beleza…Por que expor a túa obra nestes intres? e, que te levou no seu día a lanzarte ao mundo artístico?
Nestes intres en que toda a sociedade está a percura da súa verdade, de atopar un mundo máis xusto , eu tento de expresar o meu parecer coma millor o sei facer, xa que as miñas armas na loita son o meu corazón é as miñas mans, a miña palabra silenciosa en toda esta voraxine que nos tocou vivir.
A
primeira ocasión que amosei as miñas pinceladas, foi precisamente, cos
aconteceres que estabamos a sofrir no noso Oceano.
Cando un
buque de nome Prestige, tinguiu o noso
mar e as nosas costas, dun noxento e fedorento chapapote…
Cada dia
que eu acodia a algunha praia a sacar aquilo, era un dia máis de rabia, que soamente
podía acougala, collendo un lenzo e plasmando a oración que eu sabia me facía ben.
Hoxe en
dia, por desgraza para a nosa sociedade, temos moitos Prestiges en todos los ámbitos das nosas vidas, así que non queda outra que seguir
cara adiante e lembrar quenes somos e de onde vimos, para así atopar o camiño
cara onde témonos que dirixir.
Noite / Día
Serigrafía 32x41 cm
Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a pintura de Chus Láuzara?
Glicinas
Serigrafía manipulada.
50x40 cm
¿Te
identificas con algún estilo artístico de los artistas gallegos en
concreto?
Gosto de todos é cada un dos meus ancestros, dende
a Xeración doente a Xeración
dos Renovadores, ate os contemporáneos; non
podo dicir se me identifico máis con un ou con outro estilo e polo tanto trato
de beber de cada un deles. Téñolles moito respecto, así que non son quén de dicir
gostame máis isto ou aquilo, seguirei a ollar o seu traballo sen pretender
copiar o seu rumbo, supoño que nunca me poderei medir de igual a igual.
Que
quere transmitir Chus Láuzara cos seus cadros?
Coma xa
dixen en liñas anteriores, non pretendo senón amosar un estado de ánimo, unha
lembranza, un buscar no millor e menos violento camiño que nos leve cara a xustiza,
a igualdade o sentirmos ben con nos mesmos e sobor de todo quero transmitir
aquel agarimo que todos necesitamos nalgún intre das nosas vidas, que cada quén
que olle un dos meus traballos goce dun benestar xeral, que lle faga respirar
fondo.
Supoño que coñeces a tendencia denominada speed painting, que consiste no “Bosquexo” ou “Exercicio” realizado no proceso previo de creación dunha imaxe utilizando medios dixitais ou medios tradicionais como o Debuxo e a Pintura. Tendo en conta cara onde camiña a forma de crear e pintar. Como concibes esta nova forma de pintar. Integralas nos teus cadros?
Si, o
coñezo, de feito tiven a oportunidade de traballar no film O Pequeno Mago. Foi a primeira vez, o meu primeiro contacto co Speedy painting, despois disto,
xa case que é inevitable non seguir traballando
cos medios que temos ao noso alcance, e que nos deixan ver o remate
dunha obra cando aínda só é unha idea.
Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?
Esta é unha pregunta moi difícil xa que cando eu traballo non busco senón aportar benestar a todos aqueles que desfutan tanto coma eu desfruto traballando, xogando co as cores, as texturas… É unha pregunta con trampa, non sí?
O Berbés
Serigrafía tres tintas
50x40 cm
O seus blogs:
No hay comentarios:
Publicar un comentario