viernes, 27 de febrero de 2015

Entramos no obradoiro de Francisco Remiseiro

Mon Santiso visita o obradoiro do escultor Francisco Remiseiro, natural de Barro (Pontevedra). Trátase dunha obra figurativa e realista que procura as emocións e que xa viaxou polo Canadá, Dinamarca, Polonia, Siria e España.

 

 
 
 
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/entramos-no-obradoiro-de-francisco-remiseiro#.VO484uNriaE.facebook

viernes, 20 de febrero de 2015

Mostra: "Salvador Dalí, contador de historias", en Vigo


O gran xenio de Figueres volve ás nosas salas con unha exposición única: "Salvador Dalí, contador de historias". Xa podes visitar os fantásticos gravados de Salvador Dalí no Teatro Afundación de Vigo, na Sala de Exposicións, que recrean os grandes clásicos literarios internacionais coma Pantagruel ou O Quixote. Fai unha escapada da túa rutina e visítanos en Policarpo Sanz, 13. Ata o 18 de abril de 2015.


Horario. Luns a venres de 17.30 a 20.30 h
Sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h
Infórmate das visitas comentadas e obradoiros infantís en torno á mostra.
Visitas guiadas de asistencia libre todos os xoves ás 19.00 h.


Enlace:

http://www.afundacion.org/ga/evento/exposicion_salvador_dali._contador_de_historias